martes, 21 de junio de 2011

Curso 2010/2011 de taller de prensa

Este ano a clase de taller de prensa doulle unha nota de un sete porque houbo moitas clases nas que se aprendia moito pero houbo outras nas que non habia nada que facer e era moi aburrido porque so traballaban algunhas persoas mentras as outras no facían nada,e iso non me gustou, pero aínda así pasabámolo moi ben a vez que aprendíamos a facer de todo no mundo do periodismo, e iso gustoume moito.
O que máis me gustou facer foi o traballo para a revista de fin de curso, "os guinnes world records" porque eran increibles os records que habia e reimos moito, e o que menos me gustou foi a crónica que houbo que facer na primeira evalación porque non me atraía e era aburrido.
Este ano aprendin moitas cousas do periodismo que non sabia, como se fai unha entrevista, que é unha crónica, como se fai unha sección dun periódico e moitas máis cousas. É en xeral este ano non botei nada en falta nas clases porque houbo de todo, risas, enfados da profesora, máis risas, e sobretodo...traballo.

jueves, 26 de mayo de 2011

Zidane, novo director do Real Madrid ?


O presidente do Real Madrid, Florentino Pérez, decidiu entregar todo o poder a José Mourinho, tras anuncia-lo despido de Jorge Valdano e da eliminación da dirección xeral, para que o único técnico sea o portavoz portugués, pero según anuncia el diario Marca, non estará nas cuestións deportivas, e Zidane, o ex xogador de Real Madrid converterase no director deportivo do equipo. Encargarase tanto do primeiro equipo coma do segundo e viaxará coa plantilla de Mourinho nos partidos de Liga y Champions. Ademais del, entrará outro na directiva do club que son Fernando Hierro e Luis Figo, aínda que o presidente decidiu non confirmar esta noticia.

http://www.telecinco.es/informativos/deportes/futbol/realmadrid/noticia/100038237/Zidane+director+deportivo+del+Real+Madrid

jueves, 12 de mayo de 2011

Osama Bin Laden

O debate de Osama Bin Laden de si estivo ben matalo eu creo que si porque era un criminal moi perigoso e mantelo preso seria peor porque abría máis atentados para forzar a súa liberación.A figura desta persoa vai a quedar moi cravada nos corazóns de moitas familias por todo o mal que ocasionou en moitas cidades do mundo enteiro, xa que o autor dos atentados máis sangrentos de todo o mundo. Con isto deuse un paso para acabar cos terroristas do mundo enteiro.

jueves, 28 de abril de 2011

Debate en sala de prensa

A ultima rolda de prensa dada por Pep Guardiola deu moito que falar por como o entrenador do barça respondeu José Mourinho, xa que "mou" deu a súa antes que Pep e dixo que pertencía a un novo grupo de entrenadores que non critica os arbitros nin están calados, senón que criticaba as cousas ben feitas. A todo isto Pep respondeu dicindo "él es el puto amo en esta sala, y ya ha ganado la champions aquí". Moita xente criticara a resposta de Pep pero eu creo que e o mellor que puido facer, para facerlle saber a Mourinho que é un chulo.

CARTA A DIRECTORA

Novas leies criticadas!

Hai unha nova lei imposta polo estado,á de non poder entrar en discotecas se non tes 18 anos, está moi criticada polos adolescentes de hoxe en dia. As discotecas tamén lles está afectando esta nova lei xa que os adolescentes son a maioria das persoas que enchen unha discoteca e consomen máis. Todos queren que esta norma se estralla canto antes,porque todos queremos entrar nunha discoteca para pasalo ben polas noites dos fins de semá.

CARTA Á DIRECTORA

Hay un novo detective no IES Pedras Rubias, Fernando, o xefe de estudos que de pequeno quixo ser detective e non o consegueu, e agora intentao ser cos alumnos do centro. Sempre que ocorre algo intenta solucionalo como sea, aunque alguén non fixera nada el consegue que esa persoa diga que foi ela grazas aos castigos indefinidos. Grazas a ser o xefe de estudos abusa da súa autoridade no colexio, facendo todo o necesario por ser o millor detective.
Ultimamente Fernando consegueu o seu sono de neno pequeno.
Felicidades Fernando!